2016

O público está aquí. Performance

Conferencia performativa. Duración: 50 min

“Non coñezo este lugar, por iso volvo a miúdo.”

 

O público está aquí, deixaron de ser esas persoas para ser espectadoras. ¿Son “o outro” para a escena, para a artista, ou son “as outras” para sí mesmas?. A súa función na obra, a función do público, é tamén esta representación.

 

O lugar do público é un espazo baleiro, unha función espazo-tempo neutralizada, unha bisagra onde se desdobran os sentidos. Pero o público cóntase en cifras, quéreselle  atraer e fidelizar, ten un día especial, é obxecto de estudios, estratexias e desexos, defínese a súa participación… e tamén se debuxa o espazo da súa experiencia: aquí. Cómo ser espectadora hoxe, cando o fume impide ver o bosque? Nesta función do público unha espectadora se presenta e propón exercicios para dislocar a súa atención: a zonas invisibilizadas, a tempos interrumpidos. (Cara) onde estamos mirando? Máis alá de definir unha posición do espectador no mapa artístico contemporáneo, trátase de desmontar identidades para xerar espazos de libertade que se relacionen co territorio do posible. De mirar co corpo, que distingue máis de dous lados. A intensidade se incorpora aí, nos corpos que significan a súa existencia, que non se supeditan a sí mesmos; se lle damos paso, o tiempo ponlle nome.

 

“A danza é o presente máis intenso que coñezo.”

Creación e performance
Sabela Mendoza
Agradecementos
Mey Seifan, Nadia Muhanna, Javier Martín, MPECV-Artea. Mentoría: Los Torreznos (Jaime Vallaure, Rafael Lamata)

Materiales

 

Vídeo: Youtube 

Dosier: Descargar dosier 

Fotos: Fotos en dropbox 

 

Calendario

 

28/04/2022
Universidad Autónoma de Madrid. Seminario Sold Out. Performance y públicos ante la sociedad neoliberal, Madrid

 

12/07/2019
Centro Cultural Márcos Valcárcel, Festival Corpo a Terra, Ourense 

 

28/12/2018
Fundación Luis Seoane, A Coruña. “De corpos presentes”. 

 

10/11/2018
Teatro Solís, Montevideo. Sala Delmira Agustini. Bullshit UY. 

 

13/10/2017
Teatro Pradillo, Madrid. Ciclo “Meriendas y aperitivos”,, con la curadoría de Itxaso Corral, Jaime Vallaure y Diana Delgado-Ureña.

 

26/08/2016
Museo del Chopo, Ciudad de México. Bullshit Mex, Apoyo gira: Programa PICE de Acción Cultural Española (AC/E).

 

23/06/2016
Teatro Pradillo, Madrid. Bullshit Fest,

 

18/06/2016
Museo Reina Sofía, Madrid Estreno Seminario Internacional “Dispositivos escénicos y modos alternativos de ser público”, Teatralidades expandidas.

2016

O público está aquí. Performance

Conferencia performativa. Duración: 50 min