2020

dedicatoria

Performance-intervención de longa duración (8h)

Un fresco. Catro mans rascan o pigmento que cubre o texto. Palabra entre palabras, fisura. Anuncio dunha escrita incesante, sempre dispoñible, á procura dalgún corpo onde pousar: lectura. Como a noite é precisa para a nudez das primeiras horas do día, rascar o fresco é raiar o día. Neste presente cada vez máis velado, a palabra poética aparece coa potencia pronunciada dun aquí. É só aquí onde tamén está todo o que non existe en ningún outro lugar.

Creación
Sabela Mendoza Fernández, Nieves Neira Roca
Video
Miguel Carballo Maceiras
Residencia
Presente Continuo Camp Lab
Producción
De corpos presentes
Agradecementos
Javier Martín, Félix Fernández

Calendario

21/11/2020, Centro Ágora, A Coruña

Materiais

Dossier: Descargar
Vídeo: Descargar
Fotos: Descargar

2020

dedicatoria

Performance-intervención de longa duración (8h)