Foto: Rubén Vilanova

sabelamf@gmail.com

 

Linkedin

Instagram

Facebook

 

 

(Santiago de Compostela, 1984). Investigadora, creadora e xestora cultural, centra o seu traballo nas artes escénicas e na creación contemporánea, especialmente no estudo da danza e na análise de políticas culturais.

Licenciada en Dereito pola Universidade de Vigo (2007, Premio Extraordinario Fin de Carreira), Máster en Xestión Cultural pola Universidad Carlos III de Madrid (2008) e Máster en Práctica Escénica e Cultura Visual pola Universidad de Castilla La Mancha e o Museo Reina Sofía (2016). Comeza a traballar como coordinadora de proxectos culturais en 2008 en Madrid, tanto en institucións públicas e privadas como de forma independente. Foi asistente de publicacións e logo coordinadora xeral do Centenario da Fundación Residencia de Estudiantes (2008-2010), responsable de proxectos culturais e comisaria de exposicións na empresa i con i  (2011-2015) en Matadero Madrid, e directora artística e executiva do Festival Internacional Ilustratour. Como profesional independente traballou como curadora, asesora ou produtora para Hablar en Arte, Teatro Pradillo, Consultarte, TenerifeLAV, Colectivo RPM, Proxecta ou o festival Curtocircuíto, entre outras. Ten impartido conferencias e charlas en diferentes foros (Universidade Complutense, Universidade Autónoma de Madrid, Consello da Cultura Galega, etc.) e participado como xurado de premios escénicos, certames e convocatorias de danza e artes escénicas (Premios Max, Residencias Paraíso, Certame Costa Contemporánea, etc.).

Fórmase en danza e artes do movemento e en 2016 estrea a performance "O público está aquí" , presentada en diferentes museos e salas en Madrid, Cidade de México, Montevideo, A Coruña e Ourense, e publicada posteriormente como libro pola editora Estraperlo (2019). Desde 2016 vive e traballa en Galicia, onde colabora de forma estable co coreógrafo Javier Martín dende a producción e o acompañamento artístico. No 2018 pon en marcha "De corpos presentes", plataforma galega para as artes performativas contemporáneas. É Vicepresidenta da asociación Emprendo Danza e co-responsable do programa de mediación en danza e artes vivas "Cara a unha escena plural'' xunto con Caterina Varela, con quen comparte tamén a coordinación do "Taller de público(s)" no Teatro Rosalía Castro da Coruña.

Os seus traballos vinculan xeralmente a danza, a crítica, a literalidade como mecanismo para a acción política e a escritura poética. En "Dedicatoria'', colaborou coa poeta Nieves Neira para a realización dunha performance de longa duración, presentada a finais do 2020 no centro Ágora, A Coruña. En 2022 presenta ‘Dobrez’, co acompañamento de Helena Salgueiro. Escribe sobre danza en diversas publicacións e no seu blogue acuerpodebaile.com, é membro do Consello de Redacción da erregueté e foi colaboradora do Diario Cultural da Radio Galega. Nos últimos anos coordinou a edición de varios libros, como o volume colectivo ‘La danza cuenta’ (2020).