2023

Cinema, danza e natureza

1º ciclo de danza y movimiento de A Casa Vella

🌳 Cinema, danza e natureza 🌳
1° ciclo de cine e movemento de A Casa Vella centro de creación @acasavella_

Mércores 16 de agosto de 2023 ás 21.30h en A Casa Vella (Amiadoso, Allariz). Entrada de balde.

 

«Unha selección internacional de filmes arredor da relación entre corpo, paisaxe e bosque. A natureza anima ao corpo así como o corpo é natureza. Pezas que fuxen do preciosismo e superan o aproveitamento do marco para chegar ao goce da paisaxe, o goce do corpo. Presenzas matéricas e presenzas espectrais. A vida salvaxe, o mundo animado e a chamada do inorgánico. Estudos de luz e sombra, enfoques que abren a nosa mirada para achegarnos de novas formas á paisaxe que nos rodea». Selección do programa: Sabela Mendoza

Duración: 65 min + conversa.

 

Eco de una mirada
Vivian Cruz, 1999
(México)
Duración: 04:47 min

 

Tableaux – Paysages Premiers
Maïté Jeannolin, Charlotte Marchal, 2016
(Marrocos)
Duración: 12:20 min

 

Neguentropía
Javier Martín e Leo López, 2023
(España)
Duración: 37:00 min

 

Sol
Heddy Maalem, 2020
(Alxeria-Francia)
Duración: 03:55 min

 

Coire Ruadh
Katrina McPherson e Simon Fildes, 2015
(EEUU)
Duración: 10:00 min

 

Organiza
A Casa Vella
Idea, curadoría y mediación
Sabela Mendoza
Financiación
Financiado con cargo aos fondos da UE e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Apoiado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais

✦✦✦ Imágenes ✦✦✦

✦ ‘Eco de una mirada’. Vivian Cruz, 1999 (México)
✦ ‘Tableaux – Paysages Premiers’. Maïté Minh Tâm Jeannolin & Charlotte Marchal, 2016 (Marrocos)
✦ ‘Neguentropía’. Javier Martín & Leo López, 2023 (España)
✦ ‘Sol’. Heddy Maalem, 2020 (Alxeria-Francia)
✦ ‘Coire Ruadh’. Katrina McPherson and Simon Fildes, 2015 (EEUU)